www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 27 de abril de 2024

ALBUM DE LABORES

 



Na vella escola franquista, as nenas faciamos labores: bordados, crochet, calceta... mentres que os rapaces aprendían cousas que se asociaban ao traballo dos homes. 
Viñan sendo como as manualidades de agora pero máis sexistas.
Hoxe, buscando outras cousas no faiado, atopeime con este álbum de labores que fixera no Instituto Feminino de Lugo cando cursaba segundo de bacharelato, que viña sendo como sexto de primaria de hoxe.
Tiñamos profesoras da Sección Feminina para asinaturas como xinasia, labores, educación social...
A pesar de que agora vemos e xulgamos aquilo como algo negativo que non tiña que ter acontecido, penso que sempre hai que sacar algo bó dentro do malo. Aprender costura é unha cousa que resulta moi útil, pero para calquera xénero, non só para as mulleres. O mesmo sigo pensando que aprender mecanografía ou inglés foime do máis útil dentro das miñas aprendizaxes.
Cando tropezo con panos bordados por mín, sinto como que tiña unha habilidade que xa non se inclúe nos estudos de hoxe en día e hai nenos e nenas que non saben coser un botón cando lles cae. A min foime de moito proveito, máis aínda cando na casa tiña unha nai costureira que me ensinóu cómo coser á máquina, cousa que aínda practico na que foi súa de toda a vida, unha Singer que cose moi ben.
Así que, cando me deron os ollos neste álbum ilumináronseme e quixen darlle a transcendencia que ten. Gustaríame que o visen as miñas netas.
Debía ser moi relaxante facer aquelas bainicas todo ao redor. Primeiro sacando os fíos un por un todo arredor do pano, saba ou o que fora.
Son gardadora do pasado.Desprenderse de cousas de daquela, é como tirar parte da historia ao lixo.
Deixo para outro día o achádego que tamén atopei hoxe, remexendo para buscar A Rasela, unha revista escolar do meu derradeiro destino como mestra.
Gardar é valorar!




20 comentarios:

  1. Hola Beatriz. Aínda que pasou tempo, sempre estou pendente das túas publicacións. O que ti fas é un legado a nosa cultura é o de hoxe non é menor, suscribo todo o que dís, eu mesma tamén vivín esa etapa, primeiro nese mesmo Instituto e despois noutro mais lonxe é comparto que aínda do sesgo de xénero e todo o demais hoxe en día penso o mesmo ca ti, a min dabaseme moi mal, lembro que por estudos foi a unica vez que chorei e agora mais ou menos, ti tiñas a mestra na casa. Unha aperta grande.Solin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome de que compatamos aquelas experencias, Solín.
      Ninguén mellor que as e os da mesma xeración para entender cómo era o de daquela a día de hoxe.
      Grazas pola visita e aportación ao tema.
      Aperta

      Eliminar
  2. Si, Eu tamén gardo un álbum de bordados e teño Bos recordos de cando había que estar en silencio, só bordando. Quedoume tanto gusto que inda hoxe me relaxa calqué manualidade. Penso que á neta pouco lle ha de impresionar, pero eu tampouco tiro. Que tire a filla se quere. Hai que simplificar nas casas senon cárganse de cousas. Liberar espacio é bo pero a mí inda me doe tirar algo que fijen con tanto esmero.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mentres vivamos, acompañémonos do que nos sintamos contentas de ter feito ou vivido.
      Custa desprenderse de algunhas cousas e non sabemos se quen veña atrás saberá aprezalas.
      Grazas por aportar.
      Abrazo, Nucha.

      Eliminar
  3. Amiga Beatriz,
    Ao longo da vida “bordamos” coisas diferentes, principalmente saudade.
    Bela publicação.
    Abraços e bom fim de semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà Doug, gosto disso que ao longo da vida "bordamos" coisas diferentes. Concordo plenamente.
      Abraço e bom domingo!

      Eliminar
  4. Son gardadora do pasado...👏🏻
    E que ben que fas, estou dacordo contigo totalmente, tirar con esas cousas é tirar tamén parte dunha🤗 penso que sería xenial que llo mostraras ás túas netas.
    Apreciaran moito mais todo o que quede si es ti que llo mostras e contas. Grazas por compartir, Bea🤗

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Sonia por entendelo e valoralo. Estou de acordo contigo. Unha aperta e bo domingo.

      Eliminar
  5. Hola Beatriz.
    Que tiempos. Me has hecho recordar esas labores que haciamos nosotros también en el colegio. Nos tocaba una tarde a la semana 2 horas. Yo guardo aquellos tapetes de punto de cruz. Hicimos un mostrario de varias formas de costuras en 3°de E.G.B.
    Me ha gustado lo que cuentas.
    Un abrazo enorme
    Mónica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica, veo que también teníais labores en tu época! Espero que nos hayan sido de utilidad!
      Gracias por tu visita.
      Un abrazo

      Eliminar
  6. Estes trabalhos manuais são uma sedução.
    Sobretudo para quem, como eu, nunca teve jeito nenhum para os realizar.
    Um completo zero.
    Boa semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà Pedro, não se pode ter jeito para tudo!
      Eu não tenho jeito para o humor!
      Boa semana também!

      Eliminar
  7. Excelente post aqui partilhas, amiga Beatriz.
    Belos exemplos de lindos artesanatos. Gostei muito de ver.
    Deixo os meus votos de boa semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigada, amigo Mario. Ja la vou na procura dum poema!
      Beijinho

      Eliminar
  8. Hola Beatriz, volviendo a los recuerdos de esas etapas adolescentes, afloran como en esta caso tu nos presentas esos enriquecimientos en labores hogareñas o de primera necesidad, que bien estaban...si de eso no se despendiera la cerrajón hacia otras lides de libertad sin condicionantes.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Así era, Dionisio. Entonces no éramos conscientes de la "carga represiva" que conllevaban los métodos de enseñanza pero, aquí en la ruralidad, al menos no teníamos escuelas de niños y de niñas separados. Íbamos todos juntos y las maestras tampoco eran conscientes de lo que se les imponía enseñar. Lo veíamos todo normal. Tampoco nos causó profundos daños, en lo que a mi respecta. Me sentía libre.

      Eliminar
  9. Olá, amiga Beatriz
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana, com tudo de bom.

    Beijinhos, com carinho e amizade.

    Mário Margaride.

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigada, amigo Mario. Também um bom fim de semana!
      Beijinho

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.