Onte, cando camiñaba facendo o Roteiro da Auga, por terras de Guitiriz, atopámolas ó noso paso pola veira do río Parga, que, por certo, ten diferentes nomes segundo o lugar por onde pasa, e non puiden menos que determe a fotografalas unha chea de veces para poder ilustrar este post.
A fror, en sí, chámase Crocus, que pode ir seguido de Serotinus ou Nudiflorus, cando aparece de forma silvestre, diferenciándose do Crocus Sativus, que ven a ser o azafrán de cultivo. Din que a silvestre é algo tóxica, por eso os animais, (vacas, cabalos...) nonas comen ainda que se atopan en abundancia en pradeiras húmidas, a pé de ríos, regatos, fontes.... e en sendeiros. Son frores de outono, resistentes ás xeadas e que visten un fermoso traxe de bailarina formado por seis pétalos violáceos, lila, purpurinos algúns, e teñen os estames dun amarelo chamativo que combina ben ca cor dos seus pétalos que de día abren e de noite pechan formando un pirulí!
Alén de seren frores que eu admirei dende a miña infancia, onte foi un día especial: un roteiro en terras de Guitiriz, comezando uns doce quilómetros antes de Parga, coincidindo co Camiño do Norte, e que nos leva por pontes de pedra ben conservadas, por lugares de romaría como o adicado a San Alberte que é unha capela de grandes dimensións, románica e gótica, ao pé da cal se atopa unha fonte milagreira para todos os problemas relacionados coa fala.
Seguindo río arriba ou abaixo porque non din entendido ben para onde corría a auga, chegamos a un lugar pintoresco, con algunhas casas, unha ponte, cisnes no río e que semella un lugar de recreamento no que se pode a xente bañar no verán e disfrutar dunha fermosa paisaxe e da tranquilidade que
ofrece o lugar.
A todo esto direi que levabamos unha guía que nos ía explicando todo de forma moi amena e que nos adiantou que unha sorpresa estaba agardando ao final do traxecto.
Non ben saímos daquel paraxe natural e solitario, atopámonos cun bar restaurante, con ventanal sobre o río e disposta na mesa, a famosa tarta de Guitiriz e café para todo o grupo, agasallo co que nos recibíu e honrou a alcaldesa de Guitiriz, que foi nada en Castro Verde, e quería recibir aos seus paisanos e paisanas con este detalle e ca súa compañía xa para o resto da xornada.
Estabamos en Parga e alí había que visitar o antigo castelo medieval que ademais nolo ían presentar unha parella vestida de época, con todo luxo de detalles. Mágoa que so se conserva parte dunha fachada. As suas pedras visten casas e igrexa do lugar. Igrexa que tamén visitamos e na que se conservan moi ben unhos cantos frescos que representan escenas da pasión de Cristo.
Dalí, xa nos diriximos a Guitiriz para xantar nun restaurante coñecido e logo, pola tarde, coa alcaldesa, aprendemos un pouco mais do lugar. Falounos doutros roteiros como o da Pedra. Nos fixeramos parte do da Auga, que pasa tamén por outra fonte medicinal na que paramos a beber e descansar un pouco.
Xa na praza, onde está a igrexa, case catedral, atopamos no chán un enorme reloxio anatemático, que ten todos os cálculos para que colocándote na quincena apropiada, do mes en curso, marca a túa sombra a hora solar, que ven a ser duas horas menos da actual.
Para rematar, vimos unha piscina natural, feita no río, e o lugar chámase, Sete Muiñós, que ainda que son cinco, dous deles teñen duas pedras de moer candaún seu, e fan por sete.
Con eso, e a mochila chea de castañas, mazáns e boletus.... retomamos a volta ós nosos fogares nun microbús de estrea que nos deixóu, polo menos a min e outros poucos, en Castro Verde. E hoxe saímos na prensa!!!
Hola Bea.
ResponderEliminarBuenos días, guapa.
Muy interesante este recorrido con un Castillo Medieval. Me encantan las flores de otoño resistentes al frío y la nieve.
Estas muy bien en la fotógrafia.
Un abrazo y feliz semana
Detallada paso a paso toda la ruta de esa magnífica excursión que, además, te llevó a alaos recuerdos de la infancia con esa preciosa flor. El día fue esplendido porque hizo buen tiempo y además hubo el hagasajo de la tarta de Guitiriz y de su alcaldesa. Un día feliz por lo que puedo intuir y además con boletos y manzanas en la mochila: extraordinario y seguro que con ganas de volver.
ResponderEliminarMe has hecho recordar mi viaje de novios y de esto hace ya 54 años, Había en Guitiriz un balneario que me parece que ya no existe que tenía unas aguas medicinales muy buenas para los problemas del aparato digestivo. ¡Santo Dios yo tenía 30 años y me sentía casi como una niña! Aprovechamos para haxcer algunas excursiones y así fuimos a La Coruña, subimos al faro y también estuvimos en Santiago de Compostela. Recién separada de mi madre, no podía olvidarla.
Un abrazo y hasta el próximo post narrado en gallego que a mi me encanta leer por lo bien que lo escribes.
Mas que belo passeio. as flores são muito bonitas, ainda que sejam venenosas.
ResponderEliminarentão e o Castelo?
Não há foto?
Abraço
¡Ola Bea!
ResponderEliminarBonito percorrido ou andaina como por aquí lle chaman: andaina preciosa a túa por esos belos paraxes que plasmas a perfección cada pisada andada, ¡Aí quen puidera! Amiga. Agora con estes primeiros fríos, os meus osos xa se resenten, pero lévoo con calma, porque sei que os anos non perdoan lóxico que me doan.
Belísimas as fotos con esas flores de outono que tamén me soan, de nena velas no pobo ande nacín.
Unha entrada de luxo, da túa man ,onde se respira aire puro dos paisaxes en xebre que son os que nos osixénena e nos da vitalidade.
Chámame a atención o reloxo no chan, debe de ser precioso, eran ben listos os nosos acestros.
Gustoume moito este post, mais todo o que colgas e belo, reíña.
Unha aperta ben alargada que che dure todo o día.
Xunto a miña gratitude inmensa e o meu cariño.
Se moi feliz.
A beleza resistente á xeada,as tullemerendas. Frores de outono,andainas xunto ó río, lama, verde, frío. Se cadra, beleza menos evidente, inda que máis intensa.
ResponderEliminarDespois dun tempo sen achegarme ás lerias, hoxe desfrutei delas, déronme paz. Hai algo mellor?.
Hola, Bea!
ResponderEliminarContinua passeando y recordando tus lugares de infância. Gostei da explicação das flores de outono, das tullemerendas.
Besitos y diverte-te!
Good day! I simply would like to give a huge thumbs up for the nice data you may have right here on this post. I will likely be coming again to your blog for extra soon. casino play
ResponderEliminarHe venido a comprobar que no me he perdido ninguna de tus entradas. Estuve. El problema, pues, de mi ausencia es en Facebook y eso ya habrás visto que mi muro está inactivo.
ResponderEliminarUn abrazo.