domingo, 26 de agosto de 2018

AI SÁLVORA!






Ai Sálvora, ti es unha muller atlántica, unha serea, unha heroína, unha loitadora de temporais, de sometimento, de xeonllos na terra, de traballo para o señor, para o dominador, para quen levaba o pan e deixábache o peixe, porque os señores non queren saber de espiñas. Cómo me emocionóu coñecerte, illa atlántica entre outras que te acompañan. Pero ti, levas nome de muller, de salvadora, do sal que pasou polas tuas mans ahí na saladeira, tantos anos de vida feudal, sen poder ser dona da terra que traballabas, so desas casiñas que conforman a única aldea e que pedra a pedra, que ahí sí que hai pedras, fuches construíndo, co seu hórreo a carón, para gardar a soldada ca que pagabas vasallaxe, co teu forno e lareira xunto a un vertedoiro e alacena, todas por igual en cada casa, como se fosen casas de colonos, que eso foron, por eso se asemellan tanto, con ese lavadoiro en granito, tan grande como unha piscina, onde lavandeiras fostes contanto historias e lendas que perduran, como a da serea, a que tamén perdeu as escamas para ser nai, para namorarse dun mariño, ela Mariña
bautizada polo seu dono e señor, ela que era muda e so falóu cando a espiña clavada na gorxa logrou sair para pronunciar palabras urxentes de nai: "Non, o meu fillo" cando o pai o facía saltar a fogueira de San Xoán. E ela, que vía o perigo, por fin recuperóu a fala. Outras nais perdérona cando viron os seus fillos mortos ou ultraxados. Tamén unha fonte milagreira dan un toque de humidade neses veráns sedentos, onde os cabalos e os cervos sobreviven en libertade.
Muller aguerrida, capaz de coller as dornas nunha noite de mar envrabecida, para salvar vidas daquel naufraxio que se cobraba mais de duascentas vidas aos teus pés, e vos, soas na aldea, cos homes en terra, ca axuda de nenos e vellos alumando dende os cantís, chegástedes a tempo de salvar a mais de cincuenta. Por eso lucen os vosos nomes nos hórreos, nomes repetidos, Cipriana, e conomes que eu nunca ouvira. Hórreos de madeira, hórreos de muller, hórreos de granito, grandes e ben asentados sobre laxes, hórreos dos que mandaban na aldea, como sempre, a historia repítese ata a saciedade.
No remanso das tuas augas mergulleime, sentín a friaxe case xélida do atlántico virxe clavarse na miña pel. Deixeime conxelar pouco a pouco para non sentir o corpo para non deixalo quedar alí por un ataque súbito ao corazón, como pode pasar cando fas cousas contranatura. Así, xa non me doía o frío e a mornez rodeoume dun benestar que me relaxóu despois de percorrer os teus sendeiros ca xeira de quen quere apurar o tempo para descubrirte enteira, illa de pedras, de pedras, que según outra lenda, son xente convertida en pedra.
Non te mereces esas invasións de visitantes despiedados que sembran de lixo por onde pasan e van deixando ese rastro vandálico, que nin os piratas que un día albergaches, foron tan descuidados, estou segura, porque non tiñan tanto desperdicio que deixar.
Serías a miña illa, se non fose por ese tipo de novo invasor que te visita adecote no tempo de verán.
Pero a que fuches, fica na miña memoria como un símbolo de loita pola liberdade.


9 comentarios:

  1. Bea, ti es muller cantábrica, o mesmo que o Eo. Pero tes unha mirada universal, feita de viaxes e lecturas, de escoitar e de pensar. O frío e a mornez, a escrita poética, mollando a pluma na alma, vertendo sentimento nos renglóns. Ser dun lugar, abrirse ó mundo, cultivar a sensibilidade, aprender en suma, sen esquecer a esencia humana, de muller, de Sálvora, illa Atlántica , a ser cada vez máis libre, menos atada á inercia do mundo. Ese símbolo de loita pola liberdade, no que se acumula un lixo que non apaga a memoria do que foi.

    Este post está "especialmente" ben escrito.

    Abrazos, Bea!

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Ola Bea!!!

    Miña querida amiga, puxeches alma e corazón e verdadeira paixón en esta exquisita entrada que expresa un montón de belos sentimentos en cada frase escrita; non me extraña nada porque en todas as entradas que colgas empre o fas, con a túa gran sensibilidade e coñecemento de causa. E non e fácil expresarse como ti o fas.
    E unha ledicia ler esta fresca marexeda de prosa sobre a illa de Sálvora, moitas felicidades.

    Mira que non está tan lonxe e eu nunca a visitei, a verdade e que temos na nosa Galicia, rincóns moi fermosos que coñecer e piamos por viaxar por aí fora, parece o colmo da intelixencia.

    Ben, pois haber se me queda aínda algo de tempo e podo visitala non tardando moito porque daquí para diante, o tempo e ouro…

    Ben Bea, ata outro momento, foi un pracer pasar por a túa casa virtual.
    Me parece que pronto che faremos unha visita! Mándoche un whatsApp, dentro de pouco para concretar.

    Unha aperta grande e bicos moitos.

    ResponderEliminar
  3. Hola, querida Bea, la mujer moderna y viajada.

    Adoras viajar e conhecer locais variados e colocas en tus textos imensa descrição deles y sensibilidade.

    Essa ilha com nombre de mujer, me parece fantástica por tus palabras y tiene una importante história.

    Besos e diverte-te. Estás muy guapa na foto.

    ResponderEliminar
  4. Precioso!!!! Fue un día muy bonito!! Graciñas Bea!!!!.. un besiño

    ResponderEliminar
  5. Entretenido e interesante relato el de esa mujer de leyenda, mítica hembra, luchadora y casi diosa. Es la primera vez desde que estoy leyendo tus entradas que he tenido dificultades para entender bien el texto y cuando he querido recurrir a encontrar la traducción al castellano no la he encontrado, eso sí había posibilidades de traducir al zuló entre otros montones de idiomas. Perdona, no tengo nada bien los ojos y es ya muy tarde y quizás sea ese el motivo.

    Gracias por tus palabras en mi blog. Si puedo, mañana te enviaré un correo porque tengo alguna cosa que contarte. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  6. ¡Santo Dios, se ha traducido al inglés! Acabo de ver que el español era el primero que aparecía...en fin, que no nos sigasn pasando cosas...estoy cada vez más despistada. Es curioso el sistema ha vuelto a verter al español el texto que ya estaba publicado en inglés. En fin, concluyo porque no quiero seguir haciendo más tonterías.

    ResponderEliminar
  7. Quiero darte las gracias por tu vista y comentarios en El rincón del gato irónico" al hacer clic sobre tu nombre me ha dirigido a tu página de Google que indica que está restringida, el pulsado para darle a un me gusta y supongo que eso si lo habrá aceptado.

    La meseta castella en la que vivo no es un lugar que, para nada, se parezca a los profundos paisajes verdes del norte pero, este lugar donde vivo ahora tiene una corriente de agua, la orilla de la izquierda lo cortan cerros y tiene elevaciones pobladas de pinos, en su mayoría, el río acoge una variedad de especies de aves que yo con mis medios lo tendría díficil y la verdad, la gran variedad de arboles y plantas silvestres que se van reproduciendo a lo largo de todas las estaciones. Es un lugar con el aire más limpio porque está alejado de la circulación. Desde mi casa al río, estoy en unos 15minutos mas el caminito hasta que encuentro la primera salida. Tengo otro acceso, éste se puede hacer en autobús y está e n la zona del Val, en esta ruta es donde he cogido la mayor parte de las fotos más atractivas en cuanto al paisaje que rodea al río. Esto es lo que puedo decirte. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. ¡Ola Bea!

    Paso de novo para agradecer a túa pisada por o meu porto mariñeiro. Mil bendicións miña amiga. De paso releo esta prosa que desperta a imaxinación, preciosa e un encanto re-ela.

    Ben, dicirche que todo vai ben e que xa falaremos un pouquiño mais a diante.

    Unha aperta moi grande, E moita sorte.
    Bo fin de semana.

    ResponderEliminar
  9. Hola Bea.
    Una viaje más, de una mujer viajera y enamorada del mundo histórico.
    Me parece un emblemático y encantado lugar para visitar. Recordando el nombre de tu hijo Xoan. Que se celebra cada 23 de junio. Bien contenta tienes que sentirte de conocer la Isla Atlántica y las que le rodean.
    Veo que sigues siendo hermosa como cuando eras joven. A mi también me gustaría conocer este mágico lugar.
    Buenas noches y un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar