www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 11 de abril de 2018

O CUCO CUCÓU...




...e o día cambiou. Tódolos días son diferentes e que pouco estimamos esa peculiaridade. Para min, o día de onte foi variopinto, como a climatoloxía. Embarquei nunha desas viaxes tipo comercial na que ofrecen almorzo e xantar gratis con tal de asistir a unha exposición de obxectos para vender, na sa de convencións dun hotel-restaurante no sitio menos pensado. O destino era Ourense e como tiña ganas de voltar por alí, deixeime caer, ainda sabendo que eu non son dese tipo de eventos. Despois dun traxecto por estrada antiga con baches e curvas, cheguei medio mareada e con dor de costas á cidade de Ourense, pola que pasamos de longo, sorteando rotondas e desvíos a diestra e siniestra, como un galimatías de accesos no que eu non quixera ser a conductora. Cando vin que enfilabamos cara á Póvoa de Trives, deixando de lado a cidade, á que quería ir, pensei que se trabucaran de estrada. Chegamos a un lugar, ningures, en principio, despovoado, no que so se vía un hotel con nome de muller. Alí agardábanos a persona encargada de conducir o grupo. Como nun abrir e pechar de ollos, todo o mundo foi engulido de contadiño para dentro e so ficamos fora o chófer e mais eu, qué hábida de respirar aire limpo e estirar as pernas, non me sumei ó grupo. Nese intre, decidín xa non asistir. Chovía, facía frío.....optei por tomar un cafeciño no bar. A tv bombardeaba cas últimas novas dos mestrados indecentes, do terrorismo e rebelión en Cataluña, dos pormenores da monarquía....Había un único xornal e eu deixara os óculos no bus. Tempo tería de poder facerme con eles. Nunha tregua da chuvia, lanceime a explorar o lugar e fun camiñando pola aldea na que atopei casas de pedra, que foran feitas por bos canteiros no seu tempo, e que agora estaban todas en ruína, desmellorando a fachenda das novas que foron infiltrándose entre medio delas. Parecía que se xuntaran todas para morrer de esquecimento. Ninguén, ou moi poucos, pensaron en restauralas e facer da aldea un lugar habitable e atractivo, ca sua construcción tradicional e toda por igual..... Non, tiveron que meter outras tipo chalet, que destacaran entre tanta ruína. Un país sen planificación!
Foi todo un descubrimento ao longo do camiño, con fonte pública, con letreiros en forxa nas portas dalgunha destas casas vellas, e das que copiei o modelo para poñer na miña, os prados e hortas en semiabandono... as escaleiras por fora, os cortellos dos animais.....Cánto silenzo! E sería por ese silenzo, que puiden sentir o cuco por vez primeira dende fai anos. O seu cucar foi breve, apenas un saúdo! E non me capóu, xa que almorzara antes de emprender a viaxe, ben cedo, por certo, para estar toda a mañá agardando a que acabara o evento que nos levóu a San Fiz de Taboadela, que así se chama a aldea.
Logo de pasar a mañá, serian sobre as catro da tarde cando, por fin, chegamos ás pozas termais de Outaríz. O día cambiara para sol radiante e calorciño do bo. O paseo ao longo do Miño foi o premio a tanta frustración inicial. Había xente metida nas pozas. A auga nelas queimaba e saía un vaporciño con olor sulfuroso que nos envolvía nun ambiente termal ó aire libre e so por sentir eso, valeu a pena facer a viaxe. Percorremos toda a zona, facendo fotos, observando as plantas aromáticas, vendo, por fora, o spá de estilo xaponés, con cerca de bambús, o pequeno tren-bus, único transporte permitido alí, xa que é todo peatonal. Mágoa non poder meterse nas pozas!
Xa de volta, por mellor estrada, podemos ir observando todas as pontes que ten Ourense, que son de tódolos estilos, dende pontes antigas ás mais vangardistas. Non cheguéi a contalas pero calculei que terá tantas como portas a Muralla de Lugo. A viaxe, via Monforte, levounos pola Riveira Sacra, por esa panorámica de ladeiras en socalcos, por esa paisaxe abrupta que circunda o Miño, que o fai case impenetrable....e deixando atrás o soliño da tarde, entramos noutra paisaxe de ceo gris e amenazador, que se tendeu como cortina diante nosa e de novo a chuvia pero xa non doían os baches e a horografía era benigna e mansa, de pradeiras mainas que conforman as terras sarrianas e que nos puxeron nas portas de Lugo e do remate da viaxe.
Din que non hai mal que por ben non veña. E tamén é bo saber agardar, porque ten cada tempo a sua cousa e cada cousa o seu tempo. E todo é ben se ben acaba!!!!

6 comentarios:

  1. Hola Bea.
    Hiciste una maravillosa salida por Ourense. La verdad que me alegro mucho por ti que hayas podido llegar hasta las Piscinas Termales de Outoriz. Yo estuve en las Termales del interior de pago. Es más higiénico y evitar cualquier hongo infeccioso.
    En las Piscinas Termales al aire libre se ven desde arriba del todo, y parecen baños al estilo Prehistórico, tiene su gracia.
    A dentro te marcan unas normas a aeguir y te dan las toallas para ls ducha antes de entrar a disfrutar de Todo tipo de Piscinas Termales y las cuevas que hay de piedra para relajarse bajo los grandes chorros de agua que van cayendo por la espalda, hombros, cabeza... etc.
    Las que están al aire libre no estan controladas.
    Hay gente que se quema la piel por que no se autocontrolan con la temperatura del agua.
    Me ha gustado recordar todo lo que cuentas de los puentes. La verdad que es la ciudad de los puentes del Río Miño.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Um bonito passeio, e bonitas fotos.
    Abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  3. Aí Bea, que ratiño máis bonito acabo de pasar lendo este texto con a gracia que tes contando o relato, reíña sacacheme unha sorisa; que ben sentir cantar o cuco, non sei xa canto tempo hai que eu non o sinto, e ben que se estraña.
    Ben sempre vale a pena saír da casa e ti sácaslle proveito, es unha persoa que sabes valorar moi ben a importancia que ten esa paisaxe que describes moi mais que ben. Da pena ver as casas en ruína sendo antano séa caso, unhas casas cheas de xente, de aboas, pais e fillos. Eu tamén sinto moita pena cando paso por algún lugar e vexo aboándodes total pequenos pobos antigos. En fin, todo cambiou e segue cambiando a paso de xigante.
    Ben puis que sexa para mellor, algunha cousa quizais si, pero moitas non.

    Alégrome que o pases ben todo o mellor posible.
    Gracias por compartir estas cousas que nos namoran.
    Un abrazo e toda a miña estima.

    Feliz fin de semana, reíña.


    ResponderEliminar
  4. Oi Bea, que descrição maravilhosa - lugares pitorescos divinos. A natureza se apresentando em sua forma mais tosca, pura e sem afetações artificiais. Essa do canto do cuco em um só canto de saudação, foi maravilhosa! Parabéns pela postagem! Grande abraço. Laerte.

    ResponderEliminar
  5. Boa tarde, lindo passeio que causa felicidade, o texto e fotos, estão na perfeição.
    Feliz fim de semana,
    AG

    ResponderEliminar
  6. Xentes metidas nas pozas de auga quente, un cuco que non escoirabas facía anos e un tempo que de súpeto forma unha tona que agocha o horizonte. E todo nun país sen planificar, onde o azar e o mal gusto desprezan o herdo cultural dos antergos. Outra boa reflexión, cunha prosa que debuxa a nosa terra e o paso dos días con mestría. Parabéns!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.