domingo, 4 de septiembre de 2016

FEIREANDO EN DONCOS (Os Ancares)




Qué mellor cousa se pode facer nun domingo de sol e calor, xa entrado setembro, que irse de feira?
E sobre todo, se non coñezo o lugar, mesmo estando tan perto. Ai, o que son as fobias! A min non se me dá circular por eses precipicios de pontes que sosteñen a autovía. Con todo, atrevínme e como a esa hora da mañá está todo dormido, apenas atopei coches e menos ainda camións. Deixei a autovía a altura de As Nogais para non aventurarme por mais pontes e fun pola estrada normal ata Doncos. Estaban empezando a organizar os postos e había sitio de sobra para aparcar á sombra dos espesos castañeiros. Era unha feira de artesanía, de oficios e de productos da zona. Había doces, mel, queixos e pan alén de outras larpeiradas caseiras. Toda a semana tiveran diversos talleres para aprender a traballar a lá, a madeira, a cerámica, os enredos e xoias pero eu quixen ir o domingo e así poder visitar unha antiga compañeira de instituto, que, por certo, non estaba pero o que sí vin foi a casa de turismo rural da súa propiedade. Mágoa que non atopase a ninguén coñecido ainda que falei con moita xente que estaba por alí. O arrecendo a polbo e churrasco xa empezaba a quentar os motores para un delecioso xantar que eu non esperei a degustar, entre outras cousas, porque acabei moi axiña de ver a feiriña e perderme por algúns camiños e decidín ir comer a miña merenda á casa. Eso sí, antes de irme dinme o meu gusto dun cafetiño levado da casa co chiculate e as améndoas. Case me avergoño de non facer nada de gasto como se supón que fagan a persoas que alí van. Pero merquei queixo do Cebreiro, mel de As Nogais e dous libros de libreiro vello que atopei interesantes.




O regreso fíxeno amodiño pola antiga Nacional VI que vai pasando por todas a pequenas aldeas nas que sempre hai algo que ver e non por esa vía rápida onde todo o mundo corre como se non chegara a tempo e eu, qué presa tiña? Ainda me pesóu por non tomar a estrada mais antiga de todas, aquela de tantas curvas e estreitiña que había antes da Nacional VI, pero déixoa para outra ocasión. Polo menos van perto dun río e pódese parar en áreas recreativas ou dar un paseo por algún sendeiro dos que sempre hai agora en calqueira sitio. Así, de vagariño, sen presa, fun chegando a Becerreá, sen apurarme a montarme na autovía ata o último momento cando xa non me quedaba outro remedio para dirixirme á miña casa. E como era domingo, e a xente agarda visitas e prepara churrasco , decidín parar na aldea dunha coñecida miña do baile e alí estaba toda a familia disposta a cociñar un bo xantar. Fíxenme unha foto cos seus canciños pequenos porque quería que constara que hoxe me vestín toda de branco, como sempre quixen facelo e poucas veces o consigo, debido ao tempo que temos en Galiza, pero que é moi normal levar esa cor nas illas Baleares, nas Canarias..... e a min ben que me gusta ir alí por eso, polo branco con algo de azul.
E bo aventurarse algúnha vez e facer unha incursión en territorio alleo, pero nada me dá mais seguridade e confianza que a miña casiña, a miña horta e os meus animaliños. Qué bonito é pasar a tarde na horta, con esa calorciña tan infrecuente nestes lares, calcetando xa para o inverno e recollendo os productos da terra. Meus pais tamén eran unhos disfrutadores destas pequenas cousas e nunca se lles dera por viaxar. A mellor viaxe é a dentro dun mesmo, cun bo libro nas mans xa se viaxa e co pensamento non existen fronteiras. Eu ando cos lobos árticos a voltas e mesmo lles tomei agarimo, tanto que xa quixera atoparme con algún dos nosos, se é que quedan. Como carapuchiña xa teño atopado con algún e logrei sair sá e salva. Haber hainos!!!!






4 comentarios:

  1. Também gosto muito de feiras de Artesanato e sempre que tenho uma por perto não perco.
    Mas hoje o domingo foi dedicado à casa e a fazer doces para as prendinhas de inverno.
    Abraço e boa semana

    ResponderEliminar
  2. Es muy atractiva esa fotografía en la que estás vestida de blanco y con los dos perritos de tu amiga. Me ha parecido muy interesante tu experiencia y todo lo que nos cuentas de la feria de artesanía. ¡Cómo envidio el clima en el que estás ahora disfrutando del calor! Hace el suficiente calor para animarse a salir, qué bueno. Aquí, estamos pasando unos días...en fin para qué vale quejarse, ya pasarán y vendrán tiempos mejores.

    Me alegra que sigas publicando porque a mi me gusta mucho leer tus relatos en puro gallego.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. Mi madre y por el amor hermoso. Que feria más bonita e interesante, Beatriz.
    Esto ya se ve que es autentica artesanía que gracias aun tenemos el privilegio de verlo y saber que no ha desaparecido en la actualidad con nuestro pasado.

    Me alegro un motón que sigas escribiendo y te ánimo a que no pares de recorrer lugares y viajar siempre que puedas.

    Un abrazo muy fuerte


    ResponderEliminar
  4. ¡Ola, querida Bea!!!

    Déixasnosun precioso pogs onde nos contas as túas aventuras e vivenzas de esa viaxe no longa pero ben divertida, nótase o leda que estiveche nas túas letras escritas con moita gracia que a mín me saca un sorriso con tanto agrado que quixera estar alí contigo, que ben o ía pasar! Pois no foi así pero disfruto con esta letura exquisita, e con as fotos que sacache xa me dou unha idea da beleza do lugar.

    Gustoume pasar por a túa casa, e sempre un pracer.

    Un aperta agarimosa, e a miña gratitude e estima sempre.
    Se moi feliz.

    Antes tiña un traductor de galego que pasaba o comentario antes de publicalo, pero tiven un problema co meu blog, e tiven que cabiar de navegador e de momento no son capaz de enco ntrar o traductor. Perdoa porque o meu escrito en galego no está corecto. dame bergoña decilo, pero no seiescribir ben en o noso idioma.

    ResponderEliminar