domingo, 10 de abril de 2016

PERCORRIDO POR MONDOÑEDO

Se o día de hoxe fose onte, xa nada sería igual. Acompañóunos o tempo no percorrido poloS vieiros de Leiras Pulpeiro. Eu comparo Mondoñedo con Rianxo, lugares de persoeiros ilustres que foron importantes para Galiza. En Mondoñedo teñen ao poeta Leiras Pulpeiro que foi médico e deuse á xente humilde e soubo compaxinar a medicina tradicional e naturista co seu saber científico.
Mondoñedo exerceu a capitalidade de Galiza e era unha pequena cidade, con catedral seminario, bispado, hospital de pelegríns e ruta de paso a Santiago polo Camiño do Norte.
O noso percorrido comezóu na Eirexa dos Remedios e no xardín alameda que ten en frente e no que se celebróu a primeira feira galega adicada á árbore. Ali mesmo atópase o antigo hospital dos pelegríns que hoxe é un centro de rehabilitación de enfermidades mentais.


A continuación fomos ao Centro de Interpretación do Camiño do Norte onde se nos explicou todo o que hai que ver en Mondoñedo e se falou de cómo eran os peligríns de fai séculos, os motivos, símbolos e rutas alternativas vistas nun mapa daqueles tempos que ten algúns erros  nas ubicacións dos lugares.
 
 

No Cimiterio Vello e clasista, están soterrados os persoeiros mais ilustres de Mondoñedo. Chama a atención cómo se discriminaba á xente non só en vida senón na morte. Ós cidadáns de orixe humilde están no nível mais baixo do cimiterio, nun campo de herba  no que medran as flores e dos que sobresaen unhas cruces de moi distintos materiais e formas, a modo de marco.
Nun altiño están as criaturas que morreran sen bautizar, e mais arriba, na parte alta están os mausoleos mais importantes, destacando o das monxas que é, sen dubida, o mais chamativo. Logo pódense ver ós de Álvaro Cunqueiro, o escritor mais siñificativo do século vinte e que tocou temas culinarios nos seus escritos. Tamén o músico Pastor Veiga, autor do himno a Galiza e famoso polo tema "Alborada de Veiga" que levou un premio internacional no seu tempo.



 Ten Mondoñedo rúas estreitas polas que apenas poden pasar os coches e vía romana que conduce ao bairro dos muíños e artesáns sobre o que se asentaba a xudaría de rúas aínda mais estreitas e empinadas. Por alí discorren canais, fontes, regatos entre as casas baixas da xente mais pobre da época. Hai unhas fontes curiosas que teñen a súa lenda ou engado. Na Fonte dos Pelamios quén bebe dos seus catro canos ten saúde asegurada para o ano. Logo hai outra fonte no centro que foi construída a partir doutra mais antiga na que bebía o gando e a xente.
Chamóume a atención a ponte por onde ía pasar a comitiva que levaba o indulto do Mariscal Pardo de Cela do Val de Ouro, quen foi executado nese intre en Mondoñedo. Alguén tiña moito interés en que desaparecera.
 
 
Despois deste percorrido e acompañados do bo tempo, xantamos nun restaurante da zona que visitamos e logo tivemos un tempo de lecer xogando, por parellas, á chave, que consistía en lanzar tres pesas contra ela para poñer a proba a puntería dos participantes. Os que lograron algún tanto foron agasallados cun souvenir de Mondoñedo. Estivo moi ben esa actividade!



 
 
X so nos quedaba a Catedral e o Museo Catedralicio, coa guía de orixe italiano que nos foi explicando todo o que alí se alberga, dende santos de toda clase, retablos, xigantescos libros  que descansan en paz no faiado da catedral. Logo no soto, están os obxectos de mais valor, vestimentas da época, viacrucis e outros tesouros que amosan o poder eclesiástico.
Así acabóu o día e eu, como fixera a viaxe pola miña conta, percorrendo unha estrada que me levou por paraxes dun gran interés paisaxístico, non quixen tomar o camiño de volta sen tomarme un chocolate frente a Catedral. Un pouco espeso, para o meu gusto, ainda que practico aquelo de " as contas claras e o chocolate espeso".
Foi unha visita interesante e motivadora doutras que están por vir como a que penso facer as Covas do Rei Centolo e á Fervenza, que non vin desta volta. Mondoñedo está ahí, pertiño, e é un lugar para recrearse no pasado e no presente. Organizan moitas feiras e festas. A dos artesáns vai ser agora a finais de abril. Tamén fan a festa da poesía, do libro...e cómo non? de gastronomía, para eso é o paraíso das tartas de améndoa do Rei das Tartas, e as fabas de Lourenzá tamén se dan en Mondoñedo.
Deixo un poema de Leiras Pulpeiro que o escribíu , tal vez, para cando xa non estivera.  Alí o acompaña ao pe do seu mausoleo que foi un agasallo da xente que o quería, pois él estaba no cimeterio dos humildes. Ao seu lado medra unha roseira de rosas vermellas, como él quería.

 


4 comentarios:

  1. Obrigado pelo passeio amiga.
    Interessante essa separação das pessoas mesmo depois de mortas.
    As fotografias estão muito boas.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea, non sabía que tiñas esta entrega, pasei un momentiño por curiosidade e encontro esta interesante e bonita andaina por Mondoñedo. Coñezo ese belo lugar, estiven con Gonzalo meu fillo e a filla, tamén. Xa fai tempo disto, tanto como uns nove anos ou dez...

    Ben pois e unha preciosa reportaxe, onde se ve que o pasa-che ou pasastes moi ben e alégrome de corazón.

    E déixote por que vou saír a camiñar para estirar a pernas antes de que veña a choiva que non nos deixa.

    Unha aperta grande e celebro con moito gusto que estas ben, amiga.
    biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea, non sabía que tiñas esta entrega, pasei un momentiño por curiosidade e encontro esta interesante e bonita andaina por Mondoñedo. Coñezo ese belo lugar, estiven con Gonzalo meu fillo e a filla, tamén. Xa fai tempo disto, tanto como uns nove anos ou dez...

    Ben pois e unha preciosa reportaxe, onde se ve que o pasa-che ou pasastes moi ben e alégrome de corazón.

    E déixote por que vou saír a camiñar para estirar a pernas antes de que veña a choiva que non nos deixa.

    Unha aperta grande e celebro con moito gusto que estas ben, amiga.
    biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea.
    Cuantas cosas bellas hay para ver en Mondoñedo.
    La verdad que nunca estuve, pero si que me gustaría ir. Hacer una buena excursión disfrutando del día entero.
    Veo que hay cosas curiosas entre tus fotografías y es interesante.

    Un abrazo

    ResponderEliminar