domingo, 26 de julio de 2015

MY NOTTING HILL / O MEU NOTTING HILL

Un encontro casual con este filme espertou en min lembranzas dunha época londinense que deixóu profundas pegadas na miña vida e deu como resultado un fillo do que me sinto orgullosa de ter e unha netiña que agromóu fai apenas oito meses. Foi unha historia de amor, na que, á  semellanza coa película, ten a Beatriz e a Barry como protagonistas e por escenario, ese rincón efervescente e bullicioso como é Portobello Market, en Notting Hill, no que tamén vivimos momentos de enamoramento que, pese as circunstancias actuais, coido que perduróu ata o día de hoxe.
Dende a esquina ollo o gaiteiro.
Deixo unha reportaxe fotográfica comentada, a continuación.
Quén non se proba sombreiros en Portobello?


Soa a zanfona en Portobello
Party time na casa de alguén. Son a do sombreiro
Con Najel en Crescent Rd.
Colexio onde din clase. East End

No xardín de Crescent Rd.


Con Barry no xardín dun pub (Portobello)


No Big Ben, como na casa!



Un dos colexios nos que ensinei. East End


Barry en boa forma. O corto para min!


























3 comentarios:

  1. Ola Bea!!! Xa estou na casa pero sen Internet por unha pieza que se estragou. Estouche escribiendo desde o móvil e non me e nada fácil.
    Estiven vendo esta entrada tal vela en fotos, que me deixan embobada. As escritura non a enredo... Pois tenía que pasala o trafuctor e desde o móvil non podo facer nada.
    Un abrazo grande. Ata otro momento.
    Que saibas que me encanta esta preciosa entrada.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!!!

    Vaia comentario que che deixei: ben, xa teño Internet de novo, todo se enferma igual que nos. Era que rompeu o moden reprodutor que conecta Internet.

    Ben pois cambiando de tema, dicirche que me gusta moitísimo todo o que nos contas en esta reportaxe fotográfica de momentos felices que non volven a repetirse, ¡Ou si! , pero de diferente maneira, pois nunca se pisa mesma pegada que déixamos atrás un día, pero pode ser precioso repetir coa mesma persoa algo que se pareza moito, ¡Ou con outra persoa diferente!... A vida toda ela, e una aventura... E vívese unha soa vez, por o tanto aí que aproveitar todas e cada unha das oportunidades que se presentan, se son de fiar... Claro.

    Estás preciosa nas fotos e o chico tamén e moi guapo, chámame atención o teu cabelo abundante. Parécesme unha moneca.

    Penso que, desa fermosa relación, o mellor que che puido pasar na vida, foi ter ese fillo, e agora a netiña, son os meniños os quita penas son a alegría do mundo.

    Ben amiga Bea, foi un pracer pasar a lerte, felicidades por esta guapa entrada. Eu ata setembro no publico nada, estou apartada do ordenador, entro so de cando en vez, para corresponder a alguén que deixa un cariño. Agora vou para Moaña pasar quince días.
    Un abrazo e todo o meu cariño e estima.
    Se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  3. A realidade supera á ficción!....fotos con encanto e pouso de felicidade.....vivencias que enchen a mochila de lembrazas....penso que es afortunada, polo que a vida che deu, aínda que as cousas non pasan por si soas, hai que estar no camiño delas....grazas por compartir estas imaxes, foi moi agradable velas e ler os comentarios!

    P.D.: seguro que gardas no fondo do armario ese abrigo, e outras roupas daquela época....gústame ese estilo!

    ResponderEliminar