domingo, 19 de abril de 2015

A TRIP TO MENORCA / VIAXE A MENORCA


Arenal d´el Castell 

Na cala de Arenal d`el Castell
A vista de páxaro, Menorca semella ter forma de faba de lourenzá ou de ril do Mediterráneo. Con algo mais de 700 kms. cadrados, distancia de Ciutadella a Mahón de uns 50 kms e un ancho de apenas 16 faise unha illa moi doada de percorrer. A súa altura máxima de 361 m. no Monte Toro dende onde se pode ver toda a illa, con barrancos que dan a impresión dun sistema montañoso invertido, e polo demais chá a mais non poder, con pequeniñas ondulacións, toda cuberta de verde de olivo silvestre e prado verde. Sen ríos pero con pozos e con orballo nocturno, vaise mantendo verde case como Galicia.
Moita lenda, moita xente que por alí pasóu en invasións desastrosas sobre todo a dos turcos que arrasaron canto de bó había na illa. Saqueada por piratas como Barba Roja, sometida a ingleses, franceses, alternativamente, á árabes, romanos, fenicios anteriormente, é o resultado de todo eso. O que mais me chama a atención a cantidade de construccións megalíticas chamadas "talaiots" ou "taulas", sendo esta illa un verdadeiro arsenal delas con duas por cada km. cadrado, de tal xeito que están propostas a candidatas Patrimonio da Humanidade para o proximo ano 2016.
Praia Arenal d´el Castell
Un talaiot ou taula


Casa señorial en Ciutadella

O noso enclave foi na costa norde da illa, na cala chamada Arenal d´en Castell, unha cala en forma de ferradura, con urbanizacións turísticas e dous grandes hoteis, nun dos cales nos aloxamos, a pé de praia. Duas cidades importantes como Ciutadella, histórica, aristocrática e con moita monumentalidade, foi a que mais me gustóu das dúas. A outra, Mahón, co seu porto de 5 kms, que percorre un ferri turístico amosando os puntos mais estratéxicos e de carácter defensivo que os ingleses foron construíndo para defenderse dos invasores. Deles se hereda a cor verde das contraventás nas casiñas da vila, pois foran pintadas coa pintura que lles sobraba de logo pintar os barcos de verde para camuflaxe. Unha bebida típica desta cidade é a "pomada" ( mestura de xenebra autóctona con limonada) e que en Ciutadella recibe un nome distinto, tal é así que de pedir "pomada" neste último lugar, pode siñificar que te manden á farmacia!!! ( Anécdota do noso guía, por certo, flamenco de Flandes).
En Binibequer
Un lugar único por varias razóns é o poblado mariñeiro de Binibéquer, na costa sureste da illa. Alí, as casiñas son brancas por todos lados, incluído o tellado.
Parece unha vila de conto pero con casiñas de merengue en vez de chocolate. Están moi xuntas e o entramado de ruas son como pasadizos dun laberinto. Nese lugar fabrícanse xelados elaborados artesanalmente e son únicos. Eu degustei ún é foi un gosto superior nunca experimentado con xelado!
O prefixo "Bini" de tantas vilas desta costa ven do árabe e siñifica "fillo de", como lugar de pertenza a unha certa familia, engadindo logo o resto do nome de familia.
A illa está rodeada de innumerables calas de todas as formas posibles e as súas augas son de azul turquesa. Esto é pola vexetación marina que tan beneficiosa é para as praias, para a rexeneración das mesmas, de tal xeito que nona extraen, nona limpan porque ten a sua razón de ser alí.
A xente é amable, aberta e simpatiza co visitante. Falan menorquín, con variantes do catalán e estranxeirismos adquiridos dos pobos que por alí pasaron. Así teñen palabras tomadas do inglés, do francés, do árabe....
Cova disco
Moi ricos en lendas que veñen a explicar calquer acontecimento. Visitamos unhas covas no acantilado da costa sur, que son, actualmente, unha discoteca con balconciños sobre o acantilado. Alí se refuxiou un turco que secuestrou unha moza moi fermosa e coa que tivo descendencia. So se puido dar co seu paradeiro unha vez que nevou en Menorca e seguiron as suas pegadas ata a cova. Rescataron a moza e os fillos, e él tirouse ao mar dende o alto do acantilado.
En canto á gastronomía, en Menorca fabrícase un queixo moi rico, ainda que eu nono probei. Tamén é famosa a súa xenebra e a típica "caldereta de bogavante" que se degusta nos restaurantes de Fornells, tamén vila de pescadores na costa Norte e perto do hotel no que nos aloxamos.
Outro producto da illa é o calzado, as "abarcas" menorquinas. Hai unha fábrica  especializada en todo tipo de calzado e outros items de pel.
Polo demais, a estancia alí resultóume moi agradable, con boa dosis de divertimento, sobre todo no baile que se organiza cada noite, nas actividades de tempo libre como camiñatas, xinasia de mantemento, clases de baile, xogos....E ainda que para eles non se empezou a temporada alta, e non teñen as instalacións preparadas ao cen por cen, como piscinas e outras atraccións, o clima xa nono permitía porque non facía calor e o vento frío do norde, tramontana, non deixóu apenas de soplar todo o tempo.
Ahí queda esa lembranza dunha illa rica en pedras que se colocaron armoniosamente, seguindo un único patrón, facendo paredes que cerran as fincas, como se facía en Galicia, sen usar mortero, e que ao seren pedra caliza, e non volcánica, como parece a primeira vista, a erosión por ventos foinas deixando cunha superficie moi irregular e áspera, con moitos poros e buratos que fai que se manteñan unidas sen necesidade de usar cemento ou barro.
Silencio, natureza, pouca poboación. Camiños de cabaleiría que percorren os litorais da illa de vila a vila, fana andable a pe de costa pero os coches teñen que entrar e sair para acceder ás calas.
Unha illa para curarse do estrés e vivir ao son da natureza, sen presa pero sen pausa.









2 comentarios:

  1. Ola de novo Bea:

    Vaia reportaxe que nos deixas miña amiga, as fotos xa o din todo carambola! Vese un mar sereno, parece ondear suaviño, e as túas letras detallan rigorosamente a historia da illa e os seus rin-conciños e o agarimo das xentes da illa.
    Alégrome que ó pasaras moi ben a lo, no medio da natureza, da praia e do lugar. Todo me chama a atención todo me parece precioso,pero esa cova e ese balcón no acantilado peréceme impresionante. No verán debe ser unha marabilla estar dentro porque se estará fresquiño.
    So me queda dicirche que estás guapísima, que as fotos saíron bonitas todas, que che queda es corte de cabelo moi ben moi requeteben.

    Felicidades por por viaxar e chegar sen novidade.
    Gracias por a reportaxe que da túa man tamén un din un pasea por esa illa.
    Un abrazo grande e todo a miña estima. Quérote.

    Se moi moi feliz.

    Estou de descanso no meu blog, pero de vez en cando fago unha escapada para saudar e abrazar os blogs amigos/as. Bicos. Raíña.

    ResponderEliminar
  2. ¡
    Aí carambola, a primavera fai-se de rogar!!! No ten traza de darnos un tempo de sol dese sol calmo que non queima e máis quenta.
    Temos un fin de semana ruín e os meus ósos sénteno. Ti estarás por Rianxo con o teu Anxo de netiña: ben pois que gocedes moito da marabilla de vela crecer ben san, tanto ti coma seus pais, con plena saúde e felicidade.

    Déixoche un aperta grande, todo a miña estima e cariño.
    Se moi feliz. Boas noites.

    ResponderEliminar