domingo, 23 de marzo de 2014

CORRER E BRINCAR, TODO É EMPEZAR

Co grupo antes da saída diante do cartaz. Eu, agachada, no medio.
Camiñada solidaria!
Visto o tempo que fixo onte, frío e con neve na serra, non era apetecible sair hoxe de mañá, cedo para a camiñada que había organizada con fins benéficos.
A ruta era un tramo do Camiño Primitivo dende o Cádavo ata Castroverde.
Había anotadas unhas cincocentas persoas pero quedóuse en moito menos.
Cando abrín as contraventás e vin o día, parecéume axeitado e enfilei para o obxectivo andaina.
Despois dun bó almorzó xa me sentía con ánimos para facer unhos cantos quilómetros.
Todo era un pouco espectacular. Déronnos unhas camisetas, da talla que nos correspondía pois ao apuntarnos xa nola preguntaran. Así todos e todas uniformados, unhos á carreira, outros mais amodo, disponémonos a empezar o día desta forma saudáble. Había familias enteiras: pais e fillos pequenos, algúns de colo ainda. Tamén moita xuventude de tódalas idades. A subida de unhos dous quilómetros quitóunos o frío. Cando chegamos á Baqueriza, había ainda neve da caída a noite anterior. Despois desa altura xa todo era costa abaixo. Eu practiquei o meu nordic walking cos dous bastonciños e arremetínlle ao Camiño con degaro e case sen folgos cheguéi o cume onde tiven que repoñer enerxía tomándo un pouco chocolate de xenxibre, un dátil e un figo paso. Despois dese refrigerio xa era outra!
En Vilabade, alvisquéi unha casa de madeira estilo pagoga chinesa. Chamóu a miña atención. Averigüei deseguída a quén pertencía.
Logo, como me sobraba tempo, cando entrei en Castroverde, visitei unhas compañeiras que me convidaron a un café na súa cociña quentiña. Nada mellor que aquela acollida para quén viña acalorada do camiño. Alí confirmei  algúnhas das miñas ideas decorativas que tiña en dúbida para a miña cociña.
E de camiño ao restaurante onde comemos entrei en contacto con outra elaboradora de productos cosméticos caseiros coa que empaticei dende o primeiro momento e ampliei coñecimentos do tema. Quedamos en seguir en contacto.
A comida estivo moi ben ainda que para min sempre é demasiado copiosa. E non podía faltar o remate cantareiro que lle da engado ás comidas de grupo e que ven de tempos inmemoriais e ainda está de moda.
Aporto algúnhas fotos que fixeron os compañeiros de andaina e que amosan partes do Camiño e da xente que o percorríamos.

Cansada pero agradecida por ter participado.

3 comentarios:

  1. ¡Ola de novo, Bea!!!

    Encantoume ler este post, vaia camiñada que fixestes e ademáis por unha boa causa.
    E moi divertido cando aí así unha boa relación e harmonía nestas xuntanzas, alégrame que pasaras un día cheo de felicidade.
    Foi un pracer lerte.

    Un abrazo moi agarimoso.
    Ata loguiño.

    ResponderEliminar
  2. Has fotos non teñen desperdicio, son preciosas.
    Bikiños.

    ResponderEliminar
  3. hola amiga ya te sigo este precioso blog ...hermosas fotos
    un abrazo y feliz dia
    besos Marina

    ResponderEliminar