www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 28 de abril de 2013

A ZOCA DE EMPEÑA

Remexendo entre a leña, saíu unha daquelas miñas zocas de cando ía a escola. Chamábanse zocas de empeña, por teren unha polaina de coiro, a modo de bota. Facías meu tio Pepe. Eu tiña que ir probalas e facíame tanta ilusión como mercar hoxe zapatos novos. Pregúntome cómo podiamos correr e brincar con aqueles artefactos nos pés. Coas medias de lá 100%, molladas moitas veces e o noso pé non se queixaba nin amosaba feridas. Lémbrome das miñas primeiras zoquiñas, tan feitiñas e pequerrechas como o meu pé de nena de dous anos, pouco máis. Sempre as gardei con esmero, como gardaba todas as pertenencias da miña nenez. Pero non consigo atopalas e están no meu recordo. Parecían bordadas pois tiñan debuxos gravados sobre o fondo negro da súa pintura. Atopareinas calquer día cando busque outra cousa, como sempre sucede. Xa pasaron anos. Pasóu tempo e choveu, sí, e o que ainda pasará. E neste silencio, neste valdeiro que me deixaron os que aquí moraban, pasan os meus días sen apenas falar con ninguén, sen que soe o meu teléfono, sen que chegue un mínimo sinal de humanidade.... E así é cómo me parece que debe ser envellecer. Qué sería se non tivese a compañía destes animaliños que comparten a miña soedade? Eles son a miña ocupación diaria e o meu divertimento. Tamén, a veces, sinto mágoa por eles. Tamén envellecerán, e terán quén se ocupe deles? Estaréi eu ainda para axudarlles? Quén sabe! Hoxe acheguéime a xogar co gatiño que ainda naceu fai pouco. Noteille que non ve dun ollo. Tan bonito que é, branquiño e algodonoso e que lle falte a vista dun ollo! Eu quereréino igual. Pero terá dificultades para ver os ratos. Non é o mesmo que ter dous ollos ben abertos! Finais de abril e amenceu cunha nevarada que cubría todo. Será que o inverno non acaba de irse e que instala a melancolía na miña alma que clama polo sol. Será eso, e será que as cousas fermosas son para compartilas porque cando non se comparten, parece que mesmo nos sobran! Porque aquí fermosura non falta e a tranquilidade é de envexa para quen vive no tumulto pero vótase de menos "algo" que non hai, que é o poder compartir todo esto en harmonía con alguén que se sente a mesa contigo, que tome o sol ao teu carón.....E incluso eso non falta, pois, como dicía, os meus amiguiños que son tres, están sempre á miña mesa e toman o sol comigo.... Entón, que será.....?

4 comentarios:

  1. Hola Bea, eu tamen me recordo dos zoquiños,,e mais ainda me acordo un dia co sacara do pe, pra quitarlle un croio que se me metera nil..estaba neso cando se botou a saragañar muy forte, e tuben que correr descalzo,,pois tiña un nudo muy apretado na "agulleta" .. (asi chamanlle no meu pueblo os cordonciños de coiro, cos que se ataban)e non puden meter o zoco..Que pobreza por aquil entonces. pero baia tamen, que felicidade mais boa..erase pobre, xente humilde e traballadora pero muy feliz e unidos no pobo..habia us seous rifes rafes.., pero a xente era mais sana ca hora ..era unha irmandade mais preta entre a veciñanza....Do gatiño non te preocupes, il a de levar unha boa vida ainda que sea chosco,,de feito xa ten moita sorte ca sua ama,, e polo interes que por il demostra,,Bea, permiteme decir, que o carafio do minino..contigo xa ten a sua vida yo seu plan de xibilacions resoltos..sigue así, non deixes de escribir,, encantanme os teus temas, polo sencillos e cotidianos, ademas de o ben que os expos..con moita gracia ,frescura e naturalidade,,..Volvendoche os zoquiños, decirche que unha ve salvaronme dun bo tiron de orellas, que me estaba dando o crego do meu pobo..tiñame pirundado no aire, e eu movin as pernas con tan mala sorte (pa il) que lle dei nun seonllo e tumbeino redondo, non ten sentido decir, que non parei a preguntarlle, sain como o cohete de cabo cañaberal, a fume de carozo, e o muy ruin nunca mais , me volveu a falar,, oxe esta muy maliño e sintollo moito,, espero que se recupere..
    Garda os zoquiños, como lembranza dun tempo ido.. e de verdad que por a miña parte mui añorado..
    Unha aperta muy grande..

    ResponderEliminar
  2. Grazas aos dous por alegrar a miña tarde, por deixarme ver que ainda sen ver, hai quen te sigue coa ollada. Apertas.

    ResponderEliminar
  3. ¡Ai Bea, querida amiga! ¡Acabo de rirme a gargallada limpa co comentario de Miguel! Pois mira que bo srvicizo lle fixeros os zoquiños… dandolles unha patado ou crego, ali onde máis lle doía. Simpatico Miguel...

    Perdoa Bea, pois estiven alonxada dous meus blgos amigos, malia iso, intentei entrar a facerche unha visita e non me foi posibel.
    Hoxe puxen a túa dirección e xa me apareceo o blog.

    Ben, pois decirche que me gusta moito esta entrada anque ten un pizco de melancolía, sinto de verdade que esteas lonxe de min, pois mira iamos pasear e tomar o sol, se cadra en xunio, se estivese bo tempo, iria pasar un fin de semá aí, a ese paraíso case silitario que me encanta. Falaremos diso en privado.

    As tuas zocas ou zoquiños traenme moitos recordos a min tamén. E un precioso pos cheo de recordos que se achegan a nosa mente e espandense con aromas de nostalxia, doutro tempo vivido con felicidade dentro dá pouca abundancia, como dei Miguel, era a xente máis unida, eu digo que si, e tamén digo mais humana.

    Ben amiguiña, estou con gripe, pero non teñas medo que as letras non contaxían. Ata pronto Bea.
    Deixoche a miña gratitude e estima. Un abrazo grande e se moi feliz que o mereces. Con todo o meu cariño. MARIÑA.


    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.