www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 26 de febreiro de 2012

CAMIÑO DO MAR: Barreiros-Fazouro

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Another scrapbook design by Smilebox





Despois dunha longa viaxe, puxemos pé no chán a altura de Foz por un camiño interior que nos iría levando por fermosos paraxes paralelos a costa : Vilaronte, San Martiño, cunha igrexa románica das mais antigas de Galiza, ata chegar ao mar, tan ansiado por tod@s, a xulgar pola presa en tomar sendeiros mesmo a sua carón en paga da estrada que nos estaba indicada. A pesar da mañá neboenta e mesmo temperadiña, había xente que gustou de darse un baño.
Ao paso, asomaban tentadores limoeiros, laranxeiros que espertaban o noso degoro de coller a froita prohibida. Eu, seguindo os pasos de Eva (a do paraíso perdido) quixen acadar unha mandarina co bastón e caer caeu pero tiven que pagar o prezo xusto: unha dor no lado dereito por non estar entreada neste tipo de rapiñas. Así, foime xa imposible chegar á meta e grazas a que os autobuses están onde mais se precisan e no momento oportuno.
O xantar foi o remedio a tódolos males habidos e por haber xa que nos agardaba un expléndido comedor, cunha decoración de luxo, manteis incluídos, e copas para o viño e auga que se non eran de Bohemia pouco lles faltaba. O primeiro prato foi ben recibido pois tratábase dunhos callos moi ricos e repetimos ata duas e tres veces; logo merluza fresquiña con patacas e ensalada e para rematar, unha tarta ao ron que nos deixou mellor que cando empezamos o día. Café caseiro e unhas gotas dalguén que sempre as leva, e así, un soliño de volta que nos arrulou para votar unha sestiña e así remata un domingo de febreiro que deixoume un bo sabor de boca ainda que a mandarina esta nona probei e penso que amarga.

2 comentarios:

  1. Ola Bea: bos días raíña.
    Así que onte fixeches unha xeitosa excursión por eses trazos de ledicia que ten a nosa terriña, Galicia terra meiga por excelencia, que recunchos máis fermosos, non ai moitos que se lle parezan.
    Por certo estás guapísima baixando a estrada.

    A min paréceme que vin esa Igrexa ou Mosteiro... que se mira nese vídeo, non sei, quizais pasaramos tamén nalgunha excursión por eses lares . Agora mesmo non recordo cando foi...
    Ben, pois alégrame moito saber que aproveitaches o domingo para saír da rutina diaria que tanto ven nos fai os nosos sentidos. E tamén serven para un post tan bonito como este.
    Pois ben Bea, doume pracer pasar por esta casa -a túa casa. E sempre un gusto lerte.
    Gracias por compartir un domingo de excursión con todos nos. Aquí che deixo a miña gratitude e a miña estima.
    Un abrazo moi agarimoso e se moi feliz. Ata loguiñooooo.

    ResponderEliminar
  2. Me das envidia porque ese es uno de mis placeres favoritos , andar y hacer senderimo "e percorrer os paraxes de a nosa terra meiga.
    Un bico,

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.