www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 30 de xaneiro de 2011

UN PASO ADIANTE







A vida segue, o camiño transcurre, o noso destiño vaise facendo ao andar. Temos un principio e un fin, unha meta (cadaquén a súa) e non queda outra que poñer a mellor cara e seguir andando. Para alegrar os momentos nada mellor que rodearse daqueles que, pedindo moi pouco, son capaces de darnos moito. Falo de Mel e de Noa, compañeiros inseparables, sempre ahí, a carón, cando mais se necesita. Acompañan as miñas noites mentras non me vou á cama. Eles durmen encaramados no sillón do avó, outras veces, encaramelados. Esta noite, Mel está na cima do sillón, que é onde lle gusta a él, andar polas alturas e ulisquear os ratos que saén cando non hai ruídos. Noa, na parte mais baixa, enroscada como un tirabuzón, repousa o seu primeiro día de celo, despois de terse visto co seu noivo. Mel, tamén anda de gatiñas pardas. Perdeu a inocencia, o pobre, pero, ainda así, está moi guapo. Non sei como se amaña para non perderse a súa sesión de cuarto de baño xunto a min cando vou lavar os dentes. Ainda que estea no mais profundo dos seus sonos, aparece por entre as miñas pernas mentras estou no lavabo. Eu, acendo a luz que funciona mal e parece unha noite de lua chea, e él, que gosta das noites de lua, prodígame as mais románticas caricias co seu ir e vir suave como é, arredor das miñas pernas.
Estes son os momentos con Mel. Pero Noa descubríu e preséntase nun santiamén para quitarlle o monopolio ao gato. Entón, Mel, coa súa timidez candorosa, replegase sobre sí mesmo e agarda mellores momentos. Non lle gusta que Noa descubra que é un gato romántico.
Dame mágoa ter que levalos a durmir á palleira, fría e inhóspita pero é así. Collo a Mel, que se dobla no meu brazo como unha toalla, mitá para un lado e mitá para o outro e semella un gato plegado, un felpudo levado a modo de estola. Coa Noa é mais difícil. Ela nunca quere ir. Sabe o que lle agarda e escóndese en tódolos currunchos antes de darse por vencida. Pero descubrín a maneira de facerlle mais doado o tránsito: lévoa no colo ata a silla onde durmen e tápoa coa bata da avóa para que durma quentiña e ela quédase alí envoltiña, como entendendo o meu arrumaco. Así, consigo que non se sinta ofendida por sacala da calor da cociña e entregala aos brazos fríos do seu dormitorio.
De todos modos, procuro alongarlles ao máximo a súa estancia na cociña. Xa, cando non queda mais remedio, e eu enfilo para o meu novo, improvisado dormitorio, (que é outra cámara frigorífica), empezo a falar en alto e marcarlles o momento de partir.
A min gustaríame que se quedasen aquí ata pola mañá pero non é plan. O gato sae de noite e ten alí a súa maneira de evadirse fora. Ela.... é outra cousa pero ainda así..... está o tema do WC
Non me estraña nada que sexan o meu tema preferido de conversación, pois pasamos moito tempo xuntos e gústame observalos. So desexo que se queden moito tempo comigo, que non lles pase nada e que teñan descendencia, así podo seguir estudando parentesco ainda despois de ter feito o exame de febreiro.
En fin, toca irse.
Van ser as 22.00 e a noite é longa e imprevisible.
Saudos



3 comentarios:

  1. Ola Bea? Bonita entrada falándonos de esa familia que quizais sexa moitas veces mellor ca- outras dúas patas. Si que dan calor alegría, cariño e saben cando un está triste ou contento, teñen moito entendemento e axudan a vivir máis tempo ou sexa... chegar vellos.
    están tan bonitos!... que dan envexa san. Vense limpos coma o ouro, no cabe duda que dan o seu traballo, para telos como os tes ti. Ben pois que deus che dea moita saúde e sorte para lidar con todo na vida.
    Un abrazo grande. E se moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Tamén me gusta a túa reflexión... Claro que si, a vida segue, que razón tes, o camiño vaise facendo o andar. Sempre ai un antes e un despois. desexo de todo corazón, que este despois, que e agora! Sexa un camiño cheo de harmonía, de amor, de paz, entendemento, e prosperidade. Que así sexa Bea.

    Biquiños moitos

    ResponderEliminar
  3. Que a punto chegaches, Marina! Este remate de fin de semana tíñame case ao borde dun ataque de nervos. Pero ahí estades @s amigo@s para votar unha man en todo. Grazas por estes comentarios que dan calor humano, que fan saber que estades ahí, ao outro lado, tan perto. Acabo de recibir tamén unha destas presentacións que case nunca abro. Pero vindo dunha amiga na que confío non puiden menos que abrila e sentín que o Consello chinés era o que precisaba esta noite para alegrarme. Eso foi momentos antes de ler estas mensaxes tuas que apuntan ao mesmo e chegan no momento xusto. Grazas por estar ahí cando mais vos necesito.
    Vou mandarcha a ti tamén e confío en que a abrirás.
    Apertiñas

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.