www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 8 de xaneiro de 2010

ASÍ COMEZO O ANO




Cómo me gusta estrear ano coa neve! É o mellor agasallo que os Magos podían deixarme, despois de tanta parafernalia de cabalgadas ateigadas de xente, de disfraces, de despilfarro…esta blancura humilde, silenciosa que todo o cubre e oculta creando unha paisaxe inédita, sorprendente, inmaculada… que da mágoa pisar ou desfacer.
Esa levedade que semella non ter peso pero que carga as ponlas das árbores ata doblalas e os tellados, semellando merengues dun conto de fadas…. Lévame a pensar que “unha folerpa non fai nevada pero axuda á súa camarada”.
Erguínme co ánimo dese resplandor de blancura absoluta recubrindoo todo e díxenme:
“ vou estrear os esquís”. Enseguida xuntei o equipo, (protector labial incluído e gafas…). O pe xa non me entraba na bota, ou elas encolleran ou o pe medrara dende a última vez que as puxen. E xa cando estaba a punto de lanzarme a unha aventura segura, notei que as fixacións lle quedaban cortas á bota. Nin forma de movelas e mais coa presa que eu tiña, non fose que a neve se derretera antes de que eu poidera deslizarme por ela! Pois ahí acabou o meu día de esquí! De todos modos, non me dou fácilmente por vencida e aproveitando o equipamento, con outras botas, eso sí, e polainas, collín os bastóns de “nordic walking”, que semellan os de esquiar, e funme campo a través, coa sensación do primeiro astronauta que pisou a lúa, deixando unha derrota tras de mín, como única supervivinte destes paraxes. De cando en cando, voltaba a vista atrás para ver a desfeita e sentirme culpable por ser a primeira en desfacer o engado (a primeira non, polas pistas xa pasaran as feroces quitaneves, total ninguén precisaba delas). A neve era neve-pó e por moita ilusión que me fixera, houbérame afundido ata o chán pois por aquí non hai pisaneves, nin falla que fai.
A sensación non foi a mesma que terse deslizado prado abaixo pero sentín unha enerxía sá, que o cura todo, ata o mesmo resfriado, e de volta á casa aínda din cunha nova sorpresa que me fixo lembrar a miña nenez: os caramelos de xeo pendendo do tellado, todos en ringleira, da mesma forma e tamaño…
A capacidade da natureza para transformalo todo nunha soa noite fíxome pensar que as grandes cousas acontecen sen apenas decatarnos.

5 comentarios:

  1. Ai Bea: Non me canso de mirar eses cadros de neve branquiña, e se cadra dura moitos días... aínda se me dan ganas de dicirlles a un fillo que me leve ata- lo, pero o malo e que están as estradas cortadas por a neve e tamén e perigoso viaxar con este tempo. Que o pases ben esvarando por ela a baixo. Un abraciño grande. Que sexas feliz.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina,
    pois faríame moita ilusión que viñeras a vivir esta nevada intensa que dura e dura. Hoxe mesmo fun a unha pista empinada e baixei na bañeira, como se fose unha nena pequena. Non te imaxinas o ben que se pasa! Ademais, todo para min! Nin outra alma se atreve a pisar a brancura por estes paraxes. Pero as estradas están como para deixalas solas. Secadra voando.....se te atreves, e se algún fillo teu practica parapente e te quere traer....., ja ja ja
    Biquiños, Marina. Ven antes da próxima nevada!

    ResponderEliminar
  3. Ai! Bea: !Non me digas que levaches a bañeira! ai que carallo que envexa meda, mira que se estivese eu aí, as dúas dentro da bañeira unha detrás doutra e esvarando por alá abaixo... e que alguén nos sacara unha foto... sería un recordo para non esquecer xa máis. Veuno Bea, voume para a cama, boas noites. que sexas feliz Raíña das neves.

    ResponderEliminar
  4. Ola Marina,
    Sorpréndesme co teu comentario. Sí que sería difícil acomodarnos as dúas na bañeira pero, para algo son os remolques....! A ver quen tiraba!
    O de Raíña das Neves non mo dixera ningúen! E coido que me cae ben! Quédome con él!
    Grazas Marina, por esta lembranza.
    Na próxima nevada, xa sabes!
    Apertiñas

    ResponderEliminar
  5. Ai Bea, canto me rin a carcaxada limpa... con estes comentarios da bañeira po-la nevada. Éche moi bo- rirse, e saudable, pois a vida xa ai bastante anguria, así que cando ai unha ocasión aproveitámola para a nosa ledicia de pasar un momento divertido. Un abrazo agarimoso. Se feliz. Raíña das neves. Ai Bea, paréceme que escribo moi mal o Galego. Pero ti entendelo ¿non?

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.