latexa, soña con deleitar.
Ten vida propia,
faise por dentro.
Sincroniza co calor,
déixase dourar
sen usar protector,
Muda a súa cor,
faise maduro, feito,
ready to eat.
Sabe o seu punto
de cocción e arrecende
para avisar.
BOA PASCUA!!!!

Levantarse cedo e ir preparando o corpo, sen presa, para ese primeiro refrixerio matutino é todo un ritual. Primeiro ocúpome dos meus animais que me agardan e saúdan con agarimo. Saímos a fora e vemos a climatoloxía do día. Doulles o seu almorzo e voume preparando o vasiño de auga templada, coas semillas de lino que quedaron a remollo, e que tomo con mel, levadura de cervexa e zume de limón para que o organismo vaia limpándose media hora antes de almorzar. Mentras tanto lávome, vístome e xa lista para encarar o día, tomo a froita da mañá. Logo empezo os preparativos do almorzo que consisten en ir poñendo o fervedor de auga para facerme unha taza de té (case sempre xaponés), e que ten a súa maneira de prepararse, quentando antes a teteira con auga quente, e deixándoo os minutos precisos e ca auga ós graos que se debe facer o té. Logo poño o pan a torrar, (case sempre o meu propio pan, integral e de centeo) e poño na mesa o bo aceite, o queixo de cabra, a marmelada caseira, as noces, o allo, e o compango que pode ser salmón, sardiñas, pavo.....alén das sementes de sésamo, pipas de xirasol ou un mix de sementes.![]() |
| Poema de Jesús María Trashorras Nogueira |
![]() |
| Lendo un poema do seu libro e outro meu |
![]() |
| Florencio e o seu violín. |
![]() |
| Ilustración de LO MARTI |
Aínda non fai moito que despedía as cigoñas neste blog, agardando velas de novo á principios da primavera, como mais cedo, cando, para sorpresa miña, o día de aninovo, nunha paisaxe conxelada, atopei a primeira cigoña do 2017, ao meu paso por estradas fantasmagóricas, desertas que de contado me fixeron imaxinar un mundo postpetróleo. Estaba de pe no seu antigo neal onde xa medrara un prado dentro del e comprobaba tristemente unha ruína onde todo era inóspito e desamparado. Pensaría na súa familia, que deixaba na residencia de inverno (enténdase verán para elas) ao amparo de mellor calidez e na súa arriscada viaxe para adiantarse a preparar a súa casa que acollería amorosamente á súa parella de anos. Cánto nos enseñan estes compañeiros de camiño! Pero, de feito, elas son o mellor cronómetro do tempo atmosférico e dous días despois xa sería mais benigno e propicio para emprender labores de reconstrucción do neal. O día tres, a terra voltouse mol e as árbores ainda locen enaguas outoñais nas suas ponlas cando xa agroman neles indicios primaverais sen ter pasado polo inverno. A esto debe chamárselle xa polo seu nome, que ata xente miúda coñece: CAMBIO CLIMÁTICO.
Proba deso podemos encontrar nas reconstruccións que se ven no Domus de Mitreo![]() |
| Tumba do Centro arqueolóxico de San Roque |
![]() |
| Pinturas orixinais na Casa dos Mosaicos. |
![]() |
| Pintura orixinal encontrada na Casa dos Mosaicos |