www.leriasdebea.blogspot.com

lunes, 1 de junio de 2020

SOL E SOMBRA





Erguerse cedo, pola maña, empezar a rutina diaria. Tras un bo almorzo, poñer pés ó camiño con Noa, a miña inseparable compañeira.
O sol madrugador aloumiña a pél, sen mancala. Andamos a ruta de tódolos días, por non variar ainda que, as veces, escollemos outras.
Despois que o corpo recibíu o golpiño do sol nas costas, escollemos unha zona mais sombría para refrescarnos e descansar algo da xeira.
Entramos nun camiño rodeado de arboreda. Unha pequena fraga onde abondan árbores senlleiras, matogueiras, acivro, entre outras. O camiño  vai entre valados de terra e pedra cuberta por mofo.
Sentimos a frescura desta floresta atemperando a nosa camiñada. Detéñome a facer fotos mentras agardo por Noa, que sempre vai quedando atrás por mor de marcar o territorio. Está comezando o celo!
Demoramos ali ata retomar forzas para voltar. Ollo o interior do bosque mentras lembro aquel fotógrafo xaponés, Takeshi Shikama, que veu a Galicia para fotografar a alma dos bosques.
Sintome ben. Non estou soa. Todo esta beleza acompáñame e síntome agradecida de poder disfrutala. De tela tan perto. Non añoro outras paisaxes. 
Voltamos por onde viñemos, sempre a bo paso. Cos bastóns de marcha nórdica, dende fai case 15 anos. Ainda duran pero piden por outros. O caso é dar con eles!
A marmelada de amorodo agarda en repouso para voltar ao lume. Aprendín a facela dándolle pausas

para que salia mais espesa.
Avecíñase treboada. O ceu encapotouse, de súpeto. Eu, xa repasei un pouco a horta para que a chuvia lle entre. Falta acabar de cortar a herva. Todo ten o seu tempo aquí, onde a presa nunca foi o estilo de vida. Se non se fai hoxe, faráse mañá. Hai que agardar.
E remato este post no que deixo unhas imaxes do percorrido.

4 comentarios:

  1. Um belo passeio que fizes-tes.
    Maravilha de natureza.
    Boa entrada de mês.
    janicce.

    ResponderEliminar
  2. Visitando amei o seu blogue. Detalhes fotográficos fascinantes
    Fiquei seguidor

    Um Sábado feliz
    Cumprimentos

    ResponderEliminar
  3. Olá, Bea!

    Como estás? E A Pandemia por esses lugares? Eu estou bem, felizmente.

    Belo passeio con Noa, tua inseparável amiga. É preciso ver tudo ao pormenor, por que aí no há pressa.

    Gostei das fotos bem verdes.

    Tengo nuevo post. Aparece. Obrigada!

    Besos y bon fin de semana.

    ResponderEliminar
  4. ¡Ola Bea!

    Menos mal pasei por aquí para deixar a miña gratitude, e encontro un novo post ben bonito, cheo de vida. Esas fotos que falan por si soas mostran o frescor é verdor da natureza, gratificante do que respiramos todos os seres viventes a pleno pulmón.
    Fai moito ben facer andainas por os sendeiro cheiños de arboreda que soltan especiales e diferentes fragancias, son un solpo de aire limpo, e os aromas que esparcen todas as clases de flores que atopamos a os lados da senda, son unha delicia para os sentidos, algrome que fagas andainas con a túa compañeira de fatigas, Noa. Gracias por este rato de lectura.

    Eu dentro das miñas posibilidades, tamén camiño por as veiras do Lérez que e unha maravilla.
    Uhna aperta grande, Bea.,

    ResponderEliminar