www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 17 de setembro de 2018

SANTUARIOS DA AUGA





Como sempre, estas camiñadas caen en domingo. Un fermoso día para percorrer a marxe dereita do Miño dende a Ponte Romana ata Adai. Alí agardábanos un segredo: o santuario da auga!. Primeira parada nun prado de túmulos, que puido ser un lugar de enterramentos e dos que se conserva un dolmen pequeno. Segundo as explicacións do guía, alí podían enterrarse mais dunha persoa pero tiñan que pasar douscentos anos entre cada enterramento. A partir de ahí, todo un ritual en torno aos mortos e tamén aos vivos cando tiña lugar algún nomeamento de importancia. Parece ser que o ritual consistía en levar auga en caldeiros, dende o Miño, ata diferentes puntos dese santuario que eran pedras con petroglifos circulares,  e buratos onde se poñía a auga para realizar purificacións. Esa auga ía percorrendo un circuito diseñado na rocha e que formaba compartimentos distribuídos uniformemente formando un conxunto que non se sabe ben se servían para predecir o futuro o para medir algo concreto.




 Estas rochas de xeixo, esparecidas por todo o que hoxe é unha fraga, eran lugares polos que se ía pasando para levar a cabo ese ritual e ir ascendendo ata chegar a Penafita, onde se supón que podía atoparse un templo feito a base de ocos circulares na rocha que sostiñan un entramado de postes e que posiblemente estivese cuberto. Dende logo, o lugar ten unha maxia e unha enerxía que fai que te sintas ben alí. Hai unha especie de semicastro, con unha oquedade grande no medio onde se supón que entraba a xente. No que parece unha muralla, había cantidade de pedras de xeixo. Parece ser que estas pedras tiñan propiedades curativas, daban boa sorte....



Deixando atrás a prehistoria deste lugar, atopamos tamén rochas que foron abandoadas a medio perforar e que se usaban para a construcción, para os dinteis das portas e ventanas das casas. Non todas eran válidas, por eso, cecais, foron desvotadas a medio tallar.
Un día no que o sol non queimaba e as sombras eran abundantes. Foi case un ritual, nos mesmos, percorrendo o camiño que tantos outros e outras percorreron antes. Unha homaxe de recoñecimento e respecto a aqueles antepasados e antepasadas que tiñan fé na natureza e no divino.











11 comentarios:

  1. Um passeio muito interessante e cheio de história.
    Gostei de vê-la Bea. Está muito bonita.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!

    ¡Que pasada de de percorrido fixestes, amiga!
    Sinto pena de non haber estado por aí en esa ocasión.
    Lugares con maxia sen duda non hai mais que ver as fotos e as túas explicación. Ben pois así e todo, da túa man tamén fixen un precioso percorrido por eses lares con hitoria que me parecen un refrescante soño.
    Non teño palabras para expresar o que sinto o ver esas belas fotos. Estás moi guapa.

    Encantoume pasar por este teu lindo espazo, gracias, reiña.
    Unha aperta grande xunto con a miña gratitude e estima.

    Biquiños e se moi feliz.

    ResponderEliminar
  3. De nuevo has vuelto a hacer gala de tu capacidad narrativa para contarnos con el mayor detalle el recorrido por la prehistoria que tanto me emociona a mí. No sé por qué me proyecto viviendo en esos lejanos momentos y me siento tan emocionada como si todo esto ya formara parte de mi vida. Lo has expli cado muy bien y yo lo he leído con el mayor interés.

    Yo no te conozco personalmente pero...si me parece que tienes un magnífico aspecto seguramente porque aún hay una mujer joven que vive dentro de tí.

    Las fotos han sido de gran ayuda para tomar parte de la excursión, gracias por compartirlas. Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea, bos día, paso de novo para agradecer a túa pisada por o meu porto mariñeiro.

    E de paso alimentar a mirada con esas fotos que acompañan as túas bonita letras que é todo un pracer.

    Déixoche unha aperta grande con a miña estima e cariño.
    ten un feliz día.

    ResponderEliminar
  5. Olá, querida Bea!

    Tu es alta y muito elegante. Estás mto bem na fotografia.

    Adoras passear e pareces una peregrina do conhecimento e do saber. caminhas por gosto com tu baston.

    Rituais e monumentos pré-históricos son un encanto. O Santuário da Auga es muy intreressante y nos revela como viviam los pueblos mas antigos.

    Muito bonitas las rochas para a construção de portas e ventanas.

    Las fotos k tu fizeste son un legado importante para a Humanidade. Gracias.

    Besitos y diverte-te!

    ResponderEliminar
  6. Olá, Bea!

    Estás bien? Yo, también.

    Em relação a tua questão, tengo k dizer-te k no tengo nenhum livro publicado ainda.

    Tengo, somente, mi blog onde escrevo mis poemas.

    Besitos. Gracias!

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea, solo quería decirte que me he atrevido a publicar sin tu permiso el link que conduce a tu blog.
    Mi idea es poner en contacto a blogueros/blogueras y te elegí a tí la primera. Siempre hay que empezar por alguien. Espero que estés bien y disfrutando ya del otoño. Un abrazo y que tengas una feliz semana.

    ResponderEliminar
  8. Ola Bea, que tal.
    Estou en Valencia, ten a miña filla que un xuicio aquí e trouxome.
    Un bico, reiña.

    ResponderEliminar
  9. A fé na Natureza, se cadra o último que nos queda, o primeiei e o último. A Natureza deunos a vida. Nela tamén remataremos cando a eternidade deixe de ser un enigma.

    O Miño, o pai Miño, ten tantos carreiros e historias como litros de auga. Cantos se miraron na súa superficie!. Interesante percorrido, Bea, como sempre, moi ben contado. Saúdos

    ResponderEliminar
  10. Hola Bea. Preciosa ruta por Los Santuarios del agua. Todo lo que nos cuentas es una buena información, para conocer un lugar más de esa esplendida naturaleza que tenemos para disfrutar de ella y oxigenar los pulmones.

    Un abrazo, bellezón !!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.