lunes, 16 de junio de 2014

UN DÍA CO LOBO

Carapucha madrugara aquel día que amencera cun sol expléndido que convidaba a visitar outros lugares que non fosen as fragas acostumadas camiño da súa avóa.
Colleu o seu coche e puxo rumbo ao mar. Ía decidida a pasar a mañá na praia, comer o que levaba no cesto ibicenco e logo, pola tarde, chamar ao lobo para intercambiar impresións. Pero non, dada como era a ceder aos impulsos, nada mais chegar, deulle unha chamadiña ao lobo, que ainda estaba a durmir, loubán como é o lobo nesas paraxes visitadas polas néboas matutinas, que ía facer senón durmir.
_ Estou aquí. Colle un bocadillo e ímonos a unha praia ben fermosa.
_ Coñezo unha que é fermosísima!, dixo o lobo.
_ Pois vaite preparando que vou dar un paseo para estirar as pernas.
Levaba camiñando un pouco cando o lobo a chamóu de volta e díxolle que xa estaba listo.
Cando chegaron ata o coche, Carapuchíña ofreceulle guiar.
Él estaba agardando esa suxerecncia e colleu as chaves como se fosen súas de toda a vida.
Ían por atallos, aos que o lobo estaba afeito para gañar tempo ás carapuchas que ían visitar as avóas, e mesmo estivo a punto de esnafrarse con outros coches que viñan en sentido contrario por tan estreita vía a carón do mar.
Carapucha pasóu a viaxe, que era ben longa, por certo, mais do que ela pensara, medio encollida entre freando e agarrándose aos tiradores  para non sair despedida pola guanteira. A veces o lobo, estaba tentado a engulirse o coche que ía diante. Tanta fame tiña! Pois coas presas debeuse esquecer de almorzar.
Despois dun longo traxecto que pasaba por aldeas e vilas costeiras, chegaron a unha praia, retirada do mundanal ruído e con entrada un tanto restrinxida.
Aquela praia, para sorpresa dos dous, fora a primeira praia que Carapucha pisara por primeira vez facía un montón de anos, cando ela era unha carapuchiña adolescente e ainda levaba a capa bermella que lle daba o nome. Daquela, a praia non tiña entrada senón por un carreiriño estreito e estaba tan deserta como agora, e era tan fermosa como ainda o seguía sendo, coas montañas circundándo os seus laterais e a súa dúna na que agora se vían rastros de civilización.
O lobo, como é tan engañador, dixo que era a praia dos namorados. Que as parellas viñan a ela a reconciliarse.
A xuzgar polos pañuelos de papel que había no chán, xusto onde o lobo aparcóu, penso  que sí, que acababan ben reconciliados.
Despois de poñer os seus respectivos traxes de baño, foron dar un paseo pola veira das olas. O lobo quería collela pola cintura e levala ben achegadiña pero ela protestaba porque non se sentía libre e non podía andar con soltura. Non estaba afeita a tales ataduras de lobos aprobeitados que ao menor descuido pasábanche un linguetazo pola cara para ir probando o bocadiño que tiña pensado zamparse mais tarde.
Moitos esforzos tivo que facer Carapucha para librarse de tales tentacións e grazas a súa dialéctica e poder persuasivo, foise librando dos ataques furtivos que o lobo lle arremetía.
Para ir afrouxando a tensión, permitíralle estender o protector solar pola espalda e baixar e subir cremalleras, ou sexa, cousiñas libians que fosen calmando aquelas ansias de papala enteira.
Compartiron o xantar sentados nun banco da entrada da praia que era o suficiente para facer de mesa e asento. O lobo, nas súas presas, fora ao supermercado para aprovisiomarse de aceitunas recheas de anchóa, unha barriña de pan integral e unha tableta de chocolate preto. Hai que ver cómo se as gastaba o lobiño que con tan frugal xantar pretendía darlle a entender que a él a comida interesáballe ben pouco.
Carapucha aínda compartíu con él o xamón curadiño que levaba, xunto coas rodaxas de tomate para meter no seu bocadillo.
Mentras comían, o lobo relaxárase moito ata o extremo de non amosar instinto carnal ningún. Os seus ollos, que outras veces parecían bermellos, amosaban unha cor azul que sorprendéu a Carapucha. Aquela cor, dáballe un aire de humanidade(*). Daquela víase un lobo inofensivo e tenro. Ela adoróu aquel momento de plenitude espiritual no que as paixóns  se ven sometidas ás necesidades mais elementais como son a de satisfacer a fame e sentir o placer de comer na compañía doutros seres.
Con todo, o lobo non esquecía o seu obxectivo e voltaba á carga ao mínimo despiste de Carapucha. Quería probala, fose como fose.
Ela foille dando largas coa excusa de que non estaban preprarados nin emocionalmente nin a nivel de medios a utilizar.
Menos mal que había outros visitantes na praia que tamén xantaban en bancos perto  deles.
Carapucha quería marcharse porque quedara en visitar a súa avóa ao caer da tarde. Así que voltóu a guiar o lobo co seu conducir turbulento e apresurado para facer a viaxe de volta que a deixase a ela libre das súas zarpas, xunto onde a collera pola mañán.
_Queres ver o pi#]?
_ O qué?, preguntóu Carapucha
_ O pi#]
_ O pito? Noooooooooonnnnnnnnnnnnn!
_ O piso!!!!!
_ Ah, si, vale, entendíache "o pito"
As orellas de Carapucha xogábanlle malas pasadas deste tipo que logo acababan por ser cómicas.
Certamente o lobo tiña un piso novo recén estreado. Tiña aparcado un gran Mercedes azul no garaxe, na mellor praza do edificio. Como lobo que era, fixérase cunha  que valía por dúas.
Amosoulle a súa guarida que estaba amoblada con gusto, cousa que a sorprendera. Era un lobo con sentido práctico. Chamóulle a atención a cantidade de santiños que adornaban os seus mobles. Querería ir ao ceo un lobo así? Pero o que mais lle sorprendeu foron os catro armarios ateigados de disfraces de todo tipo. Dende lobo elegante a lobo de marca, a lobo de camisa irrepetible..... Tiña para seducir a todas as carapuchas que se lle puxeran a tiro. Víase que gastara un pastón en vestimenta! Alomenos superaría a crise enerxética xa que estaba abastecido de por vida!.
Explicóulle cada prenda con todos os compoñentes e co que mellor lle ía. Amosóulle etiquetas que colgaban das que ainda non estreara e prometeu estrear algúnhas cando a convidase a cear noutra ocasión.
Era admirable como o lobo, na sua propia guarida, non ousase aproveitarse de Carapucha. Nin pola cabeza lle pasaban tales cavilacións. Aquelo era como un santuario sagrado no que so cabían as cousas do lobo e nada mais.
Sana e salva saíu Carapucha daquelas paraxes sen que tivera que chamar por ningún cazador que pasase pola veirarúa. Tampouco podía esconderse nos armarios pois non cabía neles unha agulla mais do cheos que estaban. Así que voltóu para a súa fraga e non quixo saber nada dos lobos de mar.
Nota:
(*)Entendendo ese aire de humanidade por domesticación.



DOMANDO O LOBO







Hoxe está o mar pra min
suave, maino, anxelical
e a túa ollada arrasa
percurándome dende o
fondo da túa ansiedade,
dende a oscuridade de
mundos descoñecidos
que non quero perturbar.
Mar en repouso, sosegado,
que so che se asemella
no aloumiño,
na tibieza do teu corpo
na disposición de dar
sen recibir.
Hoxe está o mar pra min,
que non tí.
ainda que ti e o mar
se deixen seducir por min.
Hoxe o mar convídame,
ofrécese aos meus pés
como ti te ofreces
á miña resistencia,
con ímpetu de atleta
percurando a meta.
Verde mar que relaxa
a vista e as paixóns,
mar que dosifica o
seu ímpetu e muda
cada instante.
Hai un mar no teu ollar,
un mar profundo
impredicible que garda
segredos dun pasado
amainando nas rochas
da miña incomprensión.
Se estiveras, se compartiras
este momento de contemplación
en comunión co mar,
co later do seu pulso
firme como firmes son
as túas mans no abrazo
saberiamos que a
soidade é só unha ficción,
un invento dos sentidos
e eu procurándote nesa
soedá. Poñendo
por testigo o mar que
rompe con forza
para deixarme ir sin tí.



5 comentarios:

  1. Bravo bravo bravo. Un aplauso prolongado e mañá paso que agora cérranseme as persianas. Boas noites. E felicidades

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea:

    De novo estou por aquí para reler este mais que precioso relato; que desenvolves con eficaz mestría e encanto, expoñendo esa relación entre Carapucha e ese lobo un tanto peculiar... "inofensivo"coma calquera lobo humano. ¡Aí que ver que imaxinación a túa! Creo que poderías escribir moitos contos e facer un libro para nenos e maiores.

    Léndote lévasme por tantos recunchos, atallos lugares, camiños: por esa paisaxe entre monte e praia, que me parece que estou vivindo a mesma historia da túa protagonista.

    Estou vendo a cor azul dos ollos de lobo que lles pareceu a Carapucha mais bonitos e doces: non e de extrañar que ela adorase aquel momento.

    As miradas do "lobo" non son sempre igual, aí veces que teñen un brillo moi especial... brillan máis ca outras e parécenos que cambian de cor...

    Ben Bea, a poesía vai acorde co texto, e preciosa -preciosa, ten unha especial dozura, quizais mais por ser en galego.

    Creo que e un canto cheo de gran sentimento a o mar, ese mar ese verde que apaixona e relaxa a nosa alma, ese mar que inspira e garda segredos, ese mar que canta e chora: e o seu marmulo, adormécenos. El e fonte de inspiración de tantos e tantos escritores.

    Fáltanme palabras para expresar a fermosura e dozura que vexo neste poema.
    Só dicirche que e fantástico. Déixoche a miña enhoraboa e a miña felicitación.

    Segue escribindo poesía pois dáseche as mil marabilla.
    Tamén os relatos se che dan ben.
    Un abrazo agarimoso e se moi moi feliz.

    Gracias por compartir as túas belas letras.

    ResponderEliminar
  3. De novo paso a empaparme de estas letras tan fermosas e entretidas, que xunto as imaxes son un deleite para os sentidos.

    Celebro con gusto compartir este instante con as letras de este poema, que mesmo relaxa a alma e fai que vibren os sentidos. E todo unha exquisitez.
    Enhoraboa , amiga.

    Un abrazo moi agarimoso. Feliz semana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Marina. É a túa sensibilidade de poeta a que fai que o vexas así. Apertas

      Eliminar
  4. Bea !!
    Acabo de leerte y me has dejado de piedra. Te aplaudo bien alto y fuerte por esta historia.

    Para mi pensar creo que deberías escribir, pero no un libro solo, sino varios libros... por que llevas dentro de ti toda esa sabiduría que un escritor necesita tener para convertirse en una excelente escritora y la tienes con creces.
    Estoy plenamente muy orgullosa de ser tu prima.

    Un abrazo, guapa, más que guapa !!

    ResponderEliminar